Site Builder

Autora

Vivo en Galicia, unha das históricas nacións celtas ao noroeste da Península Ibérica, nunha cidade bañada polo océano Atlántico e iluminada pola milenaria Torre de Hércules.


Licencieime en Deseño Aplicado ao Libro (deseño gráfico, ilustración e fotografía) na “Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso” da Coruña, en 1995. 


Recibín varios premios de debuxo: 1º Premio da Coruña no Certame de Debuxo Infantil sobre Seguridade Vial (1982), 1º Premio no Certame de Felicitacións de Nadal da Asociación Xuvenil Xacarandaina (1991), 3º e 1º Premio no Certame Galego de Artes Plásticas da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia (1992 e 1996).


Fixen varias exposicións: colectivas na Asociación de Artistas da Coruña, a Casa da Cultura de Carballo e a Biblioteca Miguel González Garcés (entre 1995 e 2003), e individuais na Biblioteca do Concello de Cambre, o Ateneo Santa Cecilia de Marín, a Casa da Cultura de Arteixo e a Asociación de Artistas da Coruña (entre 1997 e 2007).


Nos últimos anos ilustrei pergamiños conmemorativos e honoríficos para organismos oficiais como a Deputación da Coruña e entidades privadas como a Fundación Fernández Latorre.

Deseñei o arte (portadas, libretos e “merchandising”) de varios traballos do grupo de folk galego Luar Na Lubre: Solsticio (Warner 2010), Mar Maior (Warner 2012), Sons da lubre nas noites de Luar (Warner 2012), Torre de Breoghan (colaboración con varios artistas - Warner 2014) e Extra Mundi (Warner 2015), así coma o logotipo para o 30º Aniversario do grupo en 2016.


Debuxo e pinto con acuarelas, lapis de cores, grafito, óleo e técnica dixital, e fago fotografía de natureza e fantasía.


A miña principal fonte de inspiración son as fragas cubertas de carriza, de carballos e castiñeiros centenarios, polas que adoro camiñar, ademáis do patrimonio e mitoloxía galega, prehistórica, castrexa, celta e medieval.


Apoio a organizacións defensoras do patrimonio e a natureza, dos dereitos animais e vivo con catro gatos rescatados da rúa. 


Na actualidade traballo en varios proxectos persoais de ilustración e fotografía.
Se desexas coñecer máis sobre mín, visita o meu próximo Blogue, Facebook ou Instagram.


Ilustración

Contacto:  edcagigao@gmail.com